Charlas informativas xerais

Ao longo de todo o curso académico, a Universidade de Vigo organiza charlas informativas xerais dirixidas a estudantes de educación secundaria e FP de centros que así o soliciten. 

Persoal técnico da UVigo acudirá ao voso centro para informar sobre as probas ABAU, aspectos do acceso e admisión, a oferta académica de grao e información sobre as instalacións e servizos que ofrece a Uvigo ao estudantado para desfrutar da vida universitaria.

Estas sesións, dunha hora de duración, terán lugar entre novembro e maio do curso académico. Os centros de educación secundaria poderán solicitar, segundo as súas preferencias, a data e o horario de mañá que desexen.

Cómpre inscribirse a través do seguinte formulario ata 15 días antes da charla.

 

Máis información:

Sección de Información a Estudantes
Edificio Redeiras
Praza do Berbés, núm. 11
36202 Vigo
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal