Sesións informativas para familias e ANPA

Ao longo de todo o curso académico, a Universidade de Vigo organiza charlas de orientación universitaria dirixidas especialmente a familias vinculadas coas ANPA que así o soliciten. 

Trátase de sesións informativas para familias organizadas a través das ANPA dos centros educativos. Profesorado e persoal de administración e servizos da UVigo acudirán ao seu centro para informar e dar a coñecer os graos e as principais características da nosa universidade. Proporcionarán toda a información necesaria para coñecer a oferta de titulacións e de servizos da institución académica: bolsas, aloxamento e transporte, formación en linguas, deportes, cultura, voluntariado, asociacionismo, cursos e obradoiros… 

Estas actividades realízanse durante o curso académico, entre o 15 de outubro de 2019 e o 31 de maio de 2020.
 

Inscrición

As ANPA poderán solicitar, segundo as súas preferencias, a data e o horario no que desexen que teña lugar a sesión informativa, ata 15 días antes da data solicitada a través do seguinte formulario:

  • Formulario

 

Máis información:

Sección de Información a Estudantes
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.es