Xornada de Orientación Universitaria


Para amosar a súa oferta académica, a Universidade de Vigo organiza a Xornada de Orientación Universitaria (XOU2020) dirixida a alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao superior. 

Ao longo da mañá, o alumnado participante poderá asistir ás charlas xerais. Nelas informarano sobre as probas de acceso e admisión (ABAU), así como da oferta académica e dos servizos da Universidade de Vigo. Ademais, o alumnado poderá achegarse aos espazos de cada unha das facultades e servizos da UVigo, á residencia O Castro situada no campus, charlar coas delegacións e as asociacións de estudantes ou participar nos obradoiros e nas actividades lúdicas relacionadas coa oferta de títulos da Universidade de Vigo.

  • Data: 15 de abril de 2020
  • Horario: de 9.30 a 13.30 h
  • Lugar: Edificio Miralles. Campus de Vigo
  • Programa 

Inscrición 

Os centros de educación secundaria poderán inscribirse a través do seguinte formulario (aberto a partir do 1 de outubro)

  • Formulario
  • Data límite de inscrición: 15 días antes ou ata completar a capacidade da sala 
  • Para grupos de menos de dez persoas non será preciso realizar inscrición

Novas relacionadas

 

Máis información:

Sección de Información a Estudantes
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.es