STEAM

O interese polos estudos e as actividades STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths) nace da necesidade de promocionar vocacións científicas e tecnolóxicas entre o estudantado. É unha realidade que o número de estudantes que optan por unha formación en tecnoloxía decrece cada ano e, no escenario futuro no que o perfil profesional vai esixir unha formación tecnolóxica, resulta esencial promover as iniciativas STEAM. A Universidade de Vigo non só promove programas STEAM como o BacharelatoSTEM, senón que busca fortalecer ao mesmo tempo a integración das mulleres nos eidos tecnolóxicos a través de programas como InspiraSTEAM.