Un rapaz e unha rapaza revisando xuntos un panel no campus

Estadías

Estadías de estudantes

O estudantado estranxeiro que desexe vir á Universidade de Vigo para realizar parte dos seus estudos, preparar un proxecto ou redactar unha tese, pode beneficiarse de diferentes programas especialmente deseñados para dar resposta ás súas necesidades.

Así, os programas Erasmus+, Erasmus Mundus, ISEP ou os convenios bilaterais, permitiranlles a estes estudantes matricularse na Universidade de Vigo sen pagar as taxas da institución, as cales si terá que aboar o estudantado que queira estudar nesta universidade en calidade de visitante estranxeiro.

Estudantes entrantes

 

Estadías como persoal investigador

Somos unha universidade innovadora que aposta pola investigación de calidade e a transferencia do saber á sociedade. Descobre as razóns polas que che podería interesar investigar canda nós.

Investiga canda nós

 

Estadías de docentes e PAS visitante

Na Universidade de Vigo recibimos tanto traballadores (PAS) como docentes do programa Erasmus+ KA107, un programa establecido pola Comisión Europea e as axencias nacionais, que son as que desenvolven as tarefas de execución orzamentaria, promoven e executan o programa a nivel nacional e actúan como enlace entre a Comisión Europea e as organizacións participantes.

Os países participantes no programa son aqueles que participan plenamente no programa Erasmus+, polo que tanto teñen establecido unha axencia nacional no seu territorio e contribúen financeiramente ao programa (os 33 países do programa son os 28 países membros da UE, Islandia, Lichtenstein, Noruega, Macedonia e Turquía) e todos os demais países serían países asociados.

A acción clave KA107 proporciona dous tipos diferentes de apoio á mobilidade (bolsas e axudas para viaxes) con cantidades que varían en función da distancia entre a universidade de orixe e a de destino.

Se queres vir facer unha estadía con nós, ponte en contacto coa Oficina de Relacións Internacionais.