Outras feiras e xornadas
Feiras de estudos de posgrao
Feira | Localidade | Datas | Web |
FIEP | Santiago de Compostela Hotel Monumento San Francisco |
4 de marzo de 2024 | https://fiep.es/ |
Participación da UVigo en feiras pasadas
Feira Internacional de Estudos de Posgrao
A Feira Internacional de Estudos de Posgrao (FIEP) ten como obxectivo proporcionar orientación académica a persoas que teñan a intención de cursar estudos de máster e doutoramento.
I Feira de estudos en España para Portugal
A Universidade de Vigo participa na I Feira virtual Estudar en España en Portugal (I Feria EeE Portugal) organizada polo SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación) a través da súa Unidade de Internacionalización da Educación Superior Española.
O obxectivo deste evento é dar a coñecer a nosa oferta formativa de grao e de posgrado ao futuro alumnado de Portugal que desexe cursar estudos na nosa institución.
- 23 de marzo de 2021, en horario de 10:00 h a 18:00 h
- Máis información: international@sepie.es
Uniferia Máster
A Universidade de Vigo participou, entre o 2 e o 4 de marzo de 2021, na segunda edición de Uniferia Máster, a feira virtual de estudos de mestrados das universidades españolas.
Ademais de toda a información sobre a oferta formativa e os servizos da nosa universidade, o estudantado tivo a oportunidade de consultar as súas dúbidas a través dun chat en vivo.
Máis información:
Sección de Información a Estudantes
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal