Xornada de Orientación sobre Mestrados

Xornada de orientación de mestrados 2025


Se estás cursando o último ano dun grao ou che interesa realizar un dos nosos mestrados, convidámoste a conectarte o mércores 14 de maio ás nosas Xornadas de Orientación sobre Mestrados a través de Campus Remoto! Poderás coñecer a oferta formativa da Universidade de Vigo e todos os requisitos de admisión e de matrícula.

 

Programa 2025

13.00 h Benvida e presentación
13.05 h Presentación da oferta académica
13.25 h Admisión, preinscrición e matrícula
13.50 h Quenda de preguntas


Campus Remoto

 



De seguido poñemos á túa disposición os vídeos das anteriores edicións das xornadas organizadas pola Área de Captación e o Servizo de Posgrao:

#ConectaCoaUVigo!

 

Máis información:

Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
+34 986 811 950
posgrao@uvigo.gal