Acceso e admisión

Sabes como acceder á Universidade de Vigo?

Un grao é a obtención polo alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional.

Os plans de estudo de grao na Universidade de Vigo teñen 240 créditos ECTS que se reparten en 4 cursos de 60 créditos ECTS cada un, excepto os PCEO (programas conxuntos de estudos oficiais). Conclúen coa elaboración e defensa dun Traballo Fin de Grao (TFG).

Vías de acceso
 

Acceder desde bacharelato

 

 

Poderán acceder aos estudos universitarios oficiais de grao aqueles que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  • Os estudantes de bacharelato do Sistema Educativo Español ou equivalente, que superaran a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (en adiante ABAU).

 

Para a adxudicación de prazas, a nota de admisión calcularase tendo en conta a seguinte fórmula:

 

Nota de admisión = 0,6 * NMB + 0,4 * CPO + a * M1 + b * M2

  • NMB: nota media do bacharelato
  • CPO: cualificación da parte obrigatoria da proba de avaliación do bacharelato para o acceso á universidade
  • M1, M2: cualificacións dun máximo de dúas das catro materias das que se examinou o estudantado na parte voluntaria ou da materia troncal de modalidade correspondente, que proporcionen mellor nota de admisión.
  • a, b: parámetros de ponderación das materias da parte voluntaria ou da materia troncal de modalidade da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade que proporcionen mellor nota de admisión.

 

Acceso á universidade dende FP

Orientación académica e profesional

 

O estudantado que estea en posesión dos títulos de Técnico Superior de Formación Profesional, Técnico Superior Deportivo ou Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño ou títulos equivalentes, poderán acceder aos ensinos universitarios oficiais de grao, sen necesidade de proba.

 

Para a adxudicación de prazas, a nota de admisión calcularase tendo en conta a seguinte fórmula:

 

Nota de admisión = NMC + a * M1 + b * M2

  • NMC: nota media do Ciclo Formativo de Grao Superior
  • M1, M2: cualificacións dun máximo de dúas das catro materias das que se examinou o estudantado na parte voluntaria e/ou da materia troncal de modalidade correspondente, que proporcionen mellor nota de admisión.
  • a, b: parámetros de ponderación das materias da parte voluntaria ou da materia troncal de modalidade da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade que proporcionen mellor nota de admisión.

 

  • Maiores de 25 anos

As persoas maiores de 25 anos de idade no ano natural no que se celebre a proba que non posúan ningunha titulación académica (bacharelato ou equivalente, técnico ou técnica superior de formación profesional etc.) que dea acceso á universidade por outras vías.

 

  • Maiores de 45 anos

As persoas maiores de 45 anos de idade que non posúan ningunha titulación académica que as habilite para accederen á universidade por outras vías, poderán acceder aos ensinos universitarios oficiais de grao mediante a superación dunha proba de acceso adaptada, se cumpren ou cumpriron os 45 anos no ano natural no que se celebre a proba.

 

As persoas con titulación universitaria (grao, diplomatura, licenciatura e enxeñaría) ou equivalente, poderán solicitar praza para facer calquera grao universitario.

 

Preinscrición

Para acceder á UVigo é necesario facer esta preinscrición. As persoas tituladas poderán solicitala por dúas vías, nunha única solicitude e na convocatoria de xuño:

Pola cota xeral:

  • Probas de aptitude para o acceso á universidade (selectividade, PAU, ABAU...)
  • Ciclos Formativos de Grao Superior, FP II, Módulos Profesionais Nivel III

Pola súa titulación universitaria

 

Estudantado con estudos preuniversitarios

  • Estudantado en posesión do título de bacharelato europeo, os que obtiveran o diploma de bacharelato internacional e o estudantado con títulos, diplomas ou estudos de bacharelato procedentes de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou doutros países cos que se subscribirán acordos internacionais, poderá acceder directamente coa credencial da UNED que acredite que ten os requisitos establecidos no seu sistema educativo de orixe, para acceder á universidade.
  • Estudantado en posesión de títulos, diplomas u estudos equivalentes ao título de bacharelato do sistema educativo español procedentes de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou os de outros Estados cos que se teñan subscrito acordos internacionais, cando devanditos estudantes non cumpran os requisitos académicos esixidos nos seus sistemas educativos para acceder as súas universidades; e estudantes en posesión de títulos, diplomas ou estudos obtidos ou realizados en sistemas educativos de estados non membros da Unión Europea ou que non ten acordo internacional, deben homologar ou declarar a equivalencia dos seus estudos ao título de bacharelato do sistema educativo español. A credencial de homologación é título suficiente para o acceso, tendo carácter condicional e un valor de 5 puntos.
  • Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos estranxeiros homologados ou declarados equivalentes aos títulos oficiais de técnico superior de formación profesional, técnico superior de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior do sistema educativo español, poderán acceder directamente coa credencial da UNED.
  • Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos diferentes dos equivalentes aos títulos de bacharelato, técnico superior de formación profesional, técnico superior de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior do sistema educativo español, obtidos ou realizados nun Estado membro da Unión Europea ou noutros Estados cos que se subscribiran acordos internacionais, cando devanditos estudantes cumpran os requisitos académicos esixidos en devandito Estado para acceder as súas universidades. Poderán acceder coa credencial da UNED.

En todos os casos poderán aumentar a súa nota de acceso inicial presentándose á parte voluntaria da ABAU, organizada pola UNED e o Sistema Universitario de Galicia (SUG) a través da CIUG

 

Estudantado con estudos universitarios 

Co obxecto de facilitar a incorporación de estudantes con estudos universitarios procedentes de sistemas educativos doutros países, na UVigo establecese un procedemento específico para o recoñecemento de créditos destes estudos universitarios.

Estarán en disposición de solicitar a validación parcial de estudos universitarios estranxeiros quen se atope nalgunha das seguintes situacións:

  1. Alumnado con estudos universitarios non concluídos coa obtención do correspondente título. 
  2. Alumnado con estudos universitarios estranxeiros concluídos cando:
  • Tendo solicitada a homologación esta fose denegada, sempre que a denegación non se funde nalgunha das causas recollidas no artigo 3.2 do R.D. 967/2014
  • A persoa non solicitase a homologación e declare por escrito que non a solicitará.

Podo solicitar acceso por esta vía se teño os estudos de procedencia iniciados e non terminados. Será necesario obter como mínimo o recoñecemento de 30 créditos ECTS ou ben solicitar a preinscrición a través da CIUG.

As persoas admitidas teñen a obriga de solicitar o traslado de expediente académico na universidade de procedencia.

Debo ter superados un mínimo de 12 créditos na titulación que desexo retomar.

O centro poderá atender as solicitudes presentadas en función das súas posibilidades de organización, dado que non hai oferta de prazas aprobada para este procedemento.

Procedemento para retomar estudos na UVigo

Poderán acceder aos estudos oficiais de grao aqueles estudantes que estiveran en condicións de acceder á universidade según ordenacións do sistema educativo español anteriores á Lei orgánica 8/32013, do 9 de decembro.

Se desexan mellorar nota, poderán presentarse a ABAU.

 

 

Trámites comúns a todas as vías de acceso

Notas de corte

A nota de corte é a nota de acceso á universidade do último alumno ou alumna que logrou a admisión nunha titulación con límite de prazas. Estas notas son sempre orientativas, xa que son as do curso anterior e, polo tanto, só serven como referencia ao estudantado porque para o acceso ao curso académico actual poderían subir ou incluso baixar.

 

Consulta as notas de corte

Se ves que a túa nota non chega para entrar no grao que desexes, podes subir nota.

 

Preinscrición

Que é?

Como funciona?

Preinscrición en NERTA

 

Poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establezan (NERTA) ou entregándoa debidamente cuberta nos LERD de 9.00 a 14.00 horas.

O estudantado que non teña os datos na aplicación deberá rexistrarse.

Poderá presentar un único impreso de solicitude nun mesmo curso académico, no que se indicará por orde de preferencia ata un máximo de 5 titulación diferentes nas que desexa matricularse, podendo chegar ata un máximo de 10, se as solicitudes corresponden a titulacións iguais impartidas en diferentes centros.

Na convocatoria de setembro non se ofertarán as titulacións que teñan todas as prazas esgotadas na matrícula de xuño ou naquelas nas que a CIUG estimase que existen datos obxectivos que aconsellan esta acción.

As universidades desestimarán as solicitudes de acceso que non cumpran cos requisitos esixidos. Contra esta decisión poderán presentar reclamación ante o presidente da CIUG, nos prazos establecidos.

Orde de preferencia

Á hora de realizar a preinscrición, a orde de preferencia é fundamental, posto que o estudantado será admitido nunha única titulación, que será aquela de maior preferencia na que acade a nota do último estudante admitido. O resto das titulacións solicitadas de menor preferencia quedarán eliminadas automaticamente da listaxe de agarda.

Poderán realizarse as modificacións que sexan necesarias durante o prazo de preinscrición.

Documentación

O estudantado do Sistema Universitario Galego (SUG) non será necesario que presente a copia do DNI nin a tarxeta de cualificación. Toda a documentación que se debe presentar poderá consultarse na convocatoria que publicará a CIUG na súa páxina web www.ciug.gal.

O prazo de presentación é o que figurará na convocatoria e poderá realizarse ben presencialmente nos LERD ou ben por correo postal (neste último caso, as fotocopias dos documentos aportados deberán estar debidamente compulsados por organismo oficial, a compulsa deberá ser orixinal).

As universidades adxudicarán as prazas atendendo aos seguintes criterios:

  • En primeiro lugar, adxudicaranse prazas aos estudantes que reúnan os requisitos académicos para o acceso á universidade na convocatoria ordinaria do ano en curso ou en convocatorias ordinarias ou extraordinarias de anos anteriores.
  • En segundo lugar, adxudicaranse prazas aos estudantes que reúnan os requisitos académicos para o acceso á universidade na convocatoria extraordinaria do ano en curso.
    En todo caso, deberase ter en conta que o estudantado que presente na convocatoria extraordinaria a súa solicitude de admisión para o ingreso, terá prioridade na adxudicación de prazas de setembro, aínda que superase a proba de acceso á universidade ou os estudos que o habiliten para acceder á universidade na convocatoria ordinaria do ano en curso ou en anos anteriores.
  • En terceiro lugar, adxudicaranse prazas aos estudantes que non superasen a proba de acceso á universidade organizada pola UNED ou a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade ( ABAU) organizada por calquera das universidades públicas españolas.

A CiUG asignará as prazas ofertadas en cada ensino universitario en cada un dos prazos de matrícula que se establezan. A cada estudante asignaráselle o ensino universitario de maior preferencia que lle corresponda en función da cota pola cal se solicita o acceso e tendo en conta, en todo caso, a orde de prelación, os criterios de valoración e a preferencia para a adxudicación de prazas establecidos.

En cada prazo de matrícula publicarase a relación de estudantado admitido para matricularse en cada ensino universitario, indicando os lugares e as datas para formalizar a matrícula. O estudantado admitido para matricularse no ensino universitario solicitado en primeiro lugar de preferencia, deberá matricularse no prazo establecido para o efecto; de non facelo perderá os seus dereitos de matrícula nesa convocatoria. Enténdese por primeira preferencia aquela que o estudantado solicite en primeiro lugar ou en lugares sucesivos se os ensinos universitarios solicitados por enriba del esgotaron as súas prazas.

Na convocatoria extraordinaria non se ofertarán prazas nos ensinos universitarios que teñan a matrícula cuberta na convocatoria ordinaria, ou aqueles nos cales a CiUG considere que existen datos obxectivos que permitan prever esa circunstancia. En todo caso, non se poderán deixar prazas vacantes previamente ofertadas mentres existan solicitudes formalizadas dentro dos prazos establecidos.

As universidades poderán establecer condicións ou probas especiais para o acceso a determinados ensinos. Estas condicións ou probas especiais deberán ser incluídas polas universidades na memoria do plan de estudos verificado e autorizado.

O estudantado poderá presentar reclamación á súa asignación de prazas no LERD en que presentou solicitude de acceso e dirixida ao presidente da CiUG. A resolución da reclamación correspóndelle á CiUG e será asinada polo delegado do reitor da universidade en que se imparta o ensino universitario obxecto da reclamación. O resultado comunicaráselle á persoa interesada a través das listaxes de asignación de prazas ou dunha notificación persoal e indicarase, se é o caso, o prazo para matricularse.

Contra a resolución poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante a propia CiUG, que porá fin á vía administrativa. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso potestativo de reposición.

No caso de presentar recurso contencioso-administrativo, a Administración demandada será a universidade responsable do ensino universitario en que o estudante solicita o ingreso. No caso de demanda, a responsabilidade en materia de persoal corresponderá a cada universidade.

O total das prazas ofertadas para cada titulación serán repartidas entre cota xeral e cota de reserva:

 

Cota xeral

  • Adxudicaranse ao estudantado atendendo a súa nota de admisión.

 

Cotas de reserva

  • Persoas tituladas: reservarase o 1% das prazas totais, soamente para a convocatoria de xuño.
  • Estudantado con grao de discapacidade igual ou superior ao 33%: reservarase un 5% do total das prazas.
  • Estudantado con cualificación de deportista de alto nivel: reservarase un 3% das prazas totais, agás nas titulacións de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Grao en Fisioterapia, nas que se reservará un 8%.
  • Maiores de 25 anos: reservarase un 2% das prazas totais, soamente para a convocatoria de xuño.
  • Maiores de 45 anos: reservarase un 2% das prazas totais, soamente para a convocatoria de xuño en materia de persoal corresponderá a cada universidade.

Máis información

Sección de Información a Estudantes
Edificio Redeiras
Praza do Berbés, núm. 11
36202 Vigo
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal