
Orientámoste
O proceso de decidir que facer leva tempo. Non hai que agardar a última hora, hai que pensar tranquilamente no que nos gustaría estudar, buscar información e asumir que isto require un certo esforzo. Ánimo!
Tes que saber que a decisión que tomes agora, por moi importante que sexa, non vai marcar toda a túa vida. É necesario reflexionar e decidir, pero non pasa nada por equivocarse.
Lembra que non estás só. A Sección de Información a Estudantes (SIE) está creada para axudarche. Se o precisas, podemos botarche un cabo. Aquí tes a nosa información de contacto:
Sección de Información a Estudantes
Estamos no Edificio Miralles
Campus de Vigo
sie@uvigo.es | +34 986 813 630 | +34 986 813 755
Algunhas cousas que pode que che axuden
Breves consellos
1. Empeza con tempo e non te desanimes
2. Coñécete a ti mesmo
Que che gusta? Que non che gusta?
Podes realizar algún destes test de orientación que che ensinamos a continuación. Non teñen que determinar a tua decisión pero, se non sabes por onde comezar, vanche ser moi útiles para centrarte no importante e reducir opcións.
- Test Xunta - Descobre a túa vocación
- Test Bacharelato - intereses profesionais
- Test orientación vocacional
- Test intereses universitarios
- Elixe profesión
3. Investiga profesións e graos
Investiga as profesións actuais e as novas carreiras universitarias. Mira a túa contorna, fíxate nas profesións que te rodean e pensa se te ves facendo iso no futuro. Pregunta aos teus coñecidos en que consiste o seu traballo.
- Temos realizado uns vídeos sobre as titulacións da UVigo
Coñece todos os graos que se imparten na nosa universidade a través destes vídeos, nos que profesores de cada un deles contan en que consiste.
- O portal sobre estudos universitarios Universia contén unha serie de vídeos e recursos que poden serche útiles no teu proceso de decisión:
- Buscador de titulacións
- Serie Por que estudar...
- Serie Quero ser...
- Guía para elixir carreira
- Saídas profesionais
Sesións informativas
Ao longo de todo o curso académico, a UVigo organiza charlas de orientación e visitas dirixidas a estudantes de centros de educación que así o soliciten.
Tanto unhas como as outras sirven para facilitar a transición desde bacharelato/FP á universidade e proporciona ao estudantado toda a información necesaria para coñecer as titulacións e os servizos da universidade así como sobre o seu acceso.
Contidos:
- Charlas: xerais (acceso, matrícula, instalacións e servizos, oferta académica…) e específicas (pretenden profundizar no coñecemento dun determinado grao)
- Visitas: pódense realizar nos tres campus.
Campus de Vigo, organízanse por áreas de coñecemento:
- Área humanística e xurídico-social: Facultade de Filoloxía e Tradución, Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo e Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Área tecnolóxica: Escola de Enxeñaria Industrial, Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
- Área científica: Facultades de Bioloxía, Ciencias do Mar e Química.
Campus de Ourense:
- Escola Superior de Enxeñaría Informática e Facultades de Ciencias, Ciencias da Educación, Ciencias Empresariais e Turismo, Dereito e Historia
Campus de Pontevedra:
- Escola de Enxeñaría Forestal e Facultades de Fisioterapia, Belas Artes, Ciencias da Educación e do Deporte e Ciencias Sociais e da Comunicación
Solicitude: debes encher e enviarnos o formulario correspondente cunha antelación de 20 días.
Vídeos sobre as titulacións: en que consisten e opinións do estudantado
Se queres saber algo máis sobre cada grao, podes ver os vídeos das titulacións que máis che interesen en UVigoTV.