Hora da despedida

Researcher looking at the Campus of Vigo

Fin da estancia

Unha vez finalizada a túa estancia, pero antes de que regreses ao teu país, é importante que nos comuniques a túa data de saída para que podamos preparar e enviarche por enderezo electrónico a ti e á túa universidade de orixe o teu certificado de estancia.

En canto ao certificado de notas correspondente ao programa de doutoramento que cursaches na Universidade de Vigo, tamén cho enviaremos a ti e á túa universidade por enderezo electrónico. Estará asinado con firma dixital, que é unha firma oficial e  verificable, polo que non é necesario emitir o documento en papel. Expedirase no Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao.

Se realizaches algún curso adicional (por exemplo, Centro de Linguas) non esquezas solicitar o diploma correspondente antes da túa partida.

Podes atopar información adicional sobre a mobilidade e outras necesidades do persoal investigador en: