A firma de moda Versace acaba de poñer en marcha unha iniciativa en redes sociais na que emprega imaxes obtidas polo catedrático Luis Liz-Marzán para amosar a beleza intrínseca das nanopartículas de ouro, un metal moi representativo desta marca italiana dende os seus inicios.
Catro proxectos de investigación de distintos ámbitos elaborados man a man entre persoal investigador da Universidade de Vigo e da súa veciña portuguesa Universidade do Minho. Nisto se traduce a resolución da primeira convocatoria de axudas para apoio a proxectos de investigación conxuntos entre ambas institucións.
Persoal investigador das tres universidades galegas, liderados desde a Universidade de Santiago de Compostela pola antropóloga e profesora Luzia Oca, e da ONG Ecos do Sur, están a traballar conxuntamente na elaboración da primeira cartografía galega das mulleres migrantes relacionadas coa música e outras artes en Galicia.
Os tres centros de investigación da Universidade de Vigo que forman parte da Rede Cigus acaban de renovar a súa pertenza a esta superestrutura promovida pola Xunta de Galicia e orientada ao fortalecemento da investigación de excelencia.
O Coloquio Internacional Yo sé quién soy: L’affirmation du je dans l’ouvre de Cervantes reuniu esta fin de semana na Universidade da Sorbona en París a algúns dos máis importantes estudosos do mundo especializados na obra de Miguel de Cervantes.
Os Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos renden homenaxe este ano ao profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, Manolo Ramos, falecido en 2022.
O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo contará durante os próximos catros anos cunha valiosa incorporación, a do catedrático Carlos García de Leaniz, un dos maiores expertos do mundo en salmónidos.
Algo máis de medio cento de xuristas hispano-brasileiros están a participar esta semana na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo no III Foro Xurídico Brasileiro, unha cita que se consolida e que nesta ocasión trae ao campus o debate arredor do impacto que a intelixencia artificial ten no Dereito.
Deseñar unha estratexia que poña en valor os múltiples servizos que o monte periurbano proporciona á sociedade e concienciar ao tecido social e empresarial vigués da crucial importancia do monte no benestar da sociedade. Este é o obxectiv do proxecto Montes Vigo 2046.
Máis de 300 especialistas no estudo das augas doces participarán o vindeiro mes de xuño en Vigo na 22ª edición do Congreso da Asociación Ibérica de Limnoloxía, unha cita que por primeira vez se celebra en Galicia, organizado desde a Universidade de Vigo.
Un equipo internacional formado por astrónomos e astrónomas de todo o mundo acaba de dar a coñecer o achado do buraco negro estelar máis masivo descuberto ata agora na Vía Láctea. A súa investigación foi publicada este martes pola revista Astronomy & Astrophysics e está asinada por 300 investigadores, entre eles, a catedrática da UVigo Ana Ulla.
Investigadores do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións e do Grupo de Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas, ambos de atlanTTic, participaron no deseño dun sistema de antenas máis eficiente para os satélites destinados a comunicacións de alta capacidade.
Arranca en Vigo Biointegrasaúde 2024, encontro anual no que os tres institutos de investigación biomédicos galegos (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Instituto de Investigación Biomédica da Coruña e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur) fan unha posta en común da súa actividade científica.
O Centro de Investigación en Nanomaterias e Biomedicina, CINBIO, da Universidade de Vigo é unha das nove entidades seleccionadas para participar no consorcio europeo Adaptation, financiado con 3,6 millóns de euros de axudas Pathfinder da Unión Europea.
Un ano máis, a Universidade de Vigo embárcase en La Aventura del saber. O programa de TVE2, que estreará nova temporada mañá mércores 3 de abril, volverá contar coas universidades españolas na sección Universo Sostible.