“Sangro cada mes para que a humanidade sexa posible. O meu útero é unha fonte de vida para a nosa especie escolla eu crear ou non". Con estes versos, inspirados no poema Period de Rupi Kahur, que ilustran o cartel co que a Universidade de Vigo celebra este ano o Día Internacional da Muller, comezaba este mediodía o acto central co que a institución académica festexa o 8M.
05/03/2019