Os diferentes equipos do campus de Ourense que esta tempada participan na Liga Galega de Xadrez por equipos disputaron este sábado a sétima xornada de competición. En primeira división, o Universitario de Ourense A desprazouse ao polígono do Concello de Pereiro de Aguiar para xogar contra Xadrez Ourense C, ao que gañou por un marcador de 1,5-2,5.
24/04/2023