Co obxectivo de analizar, con carácter divulgativo e desde un punto de vista científico as causas, efectos e implicacións do quentamento global e do cambio climático, a Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade impulsou neste 2019 o ciclo Conversas sobre Cambio Climático, que este xoves se traslada a Pontevedra, onde o catedrático de Economía da Universidade de Vigo Xavier Labandeira afondará na xestión socioeconómica desta problemática.
24/06/2019