O investigador da Facultade de Belas Artes José Andrés Santiago é o coordinador, xunto co profesor da universidade británica de Hull Manuel Hernández-Pérez coordina Japón para otakus, a primeira publicación especializada en turismo para persoas afeccionadas ao cómic e á animación xaponesa que se edita en castelán.
Ofrecer “unha visión desde dentro do proceso de desmantelamento da educación pública ao que estamos asistindo na actualidade” foi o propósito inicial que levou a nove estudantes do máster en Arte Contemporánea. Creación e Investigación e dar forma á exposición Educación en crise.
A “súper protección” penal da Coroa, os ataques á súa imaxe e o exercicio do dereito á liberdade de expresión. Estes son os puntos de partida do novo libro do profesor de Dereito e Deontoloxía da Comunicación Fernando Ramos que presentou este xoves na sede de Torrecedeira da Escola de Enxeñería Industrial.
Desde 2014, o campus de Pontevedra conta cun coro de seu, dirixido polo profesor Marco Lucato, unha formación que, despois de retomar os seus ensaios tralo parón de Nadal, busca incorporar novos e novas membros á formación.
Dar a coñecer a Aula Confucio da Universidade de Vigo, impulsada ao abeiro do convenio asinado coa Universidad de León, así como a cultura e a lingua chinesas son os obxectivos que levaron ao Centro de Linguas a programar, por primeira vez no campus, uns obradoiros de caligrafía e recortado de papel.
Unha mostra colectiva que reúne unha serie de obras realizadas por nove estudantes e egresados da Facultade de Belas Artes arredor do concepto do corpo, e outra que xunta unha serie de obras pictóricas de diferentes temáticas exhíbense nestas semanas e Marín e Cangas, en ambos casos promovidas por alumnado de Belas Artes.
A partires deste venres, o ciclo de cine da Vicerreitoría do campus Ante o tempo proporá na Casa das Campás unha reflexión sobre a representación e evolución da figura do heroe e da heroína ao longo da historia do cinema.
O grupo Colaboración Artística Pontevedra interpreta este xoves 17 no Teatro Principal a traxedia lírica The Human Voice, nun concerto programado para as 20.30 horas, con entrada libre ata completar aforo, e promovido pola Vicerreitoría do campus.
O 24 de xaneiro comezará o segundo Fórum IEV no que o Instituto de Estudos Vigueses colabora coa Universidade e o Concello de Vigo co obxectivo de amosar á cidadanía o traballo desenvolvido en Vigo en diferentes disciplinas académicas.
50 fotografías tomadas en catro capitais europeas, que retratan unha cidade distante de estereotipos ou imaxes turísticas, unha cidade habitada, á que dan sentido as xentes que a habitan e transitan. Esta é a idea sobre a que o fotógrafo e profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Jorge Lens articulou City Blues.
Gañador en maio do XIX Premio Gloria Fuertes de Poesía Joven, o alumno de doutoramento da Facultade de Belas Artes Manuel Mata vén de publicar o seu primeiro poemario El buen salvaje, o traballo distinguido neste certame para poetas menores de 25 anos.
En agosto de 2017, seis alumnas do máster en Arte Contemporánea. Creación e Investigación desenvolveron nunha casa no concello coruñés de Val do Dubra, unha residencia artística na que durante unha semana conviviron e crearon unha serie de obras que tiñan como inspiración común as bágoas de San Lourenzo.
“Diversidade” é o adxectivo que define este ano o Obradoiro de cosmética natural aproveitando a contorna, non só polas actividades que se realizan e os produtos que se crean, senón tamén polos seus participantes, obxectivos e intereses.
O Nadal está xa a piques de chegar e o seu espírito era evidente este sábado no Auditorio Mar de Vigo no tradicional concerto que organiza a Universidade para darlle a benvida ás festas.
Promovida polo grupo de investigación dx7 da Universidade de Vigo e a USC, a exposición Especulacións utópicas reúne en Santiago o traballo de 25 artistas e deseñadoras formadas na Facultade de Belas Artes.