Preto de 200 curtametraxes, remitidos desde diferentes puntos de Galicia e de España, pero tamén de países como Reino Unido, Portugal, Estados Unidos ou Francia, presentáronse neste 2022 ao Festival de Cans, que ao longo desta semana desenvolve a súa décimo novena edición. 24 delas integran as súas seccións oficiais de ficción e non ficción, para as que foron seleccionadas catro curtametraxes nacidas como proxectos académicos no campus pontevedrés.
18/05/2022