Información, cultura, deporte e voluntariado. Estes catro campos, ás veces tan distanciados entre si, son os que coordina Ricardo Corderí como xefe do Servizo de Extensión Universitaria. Segundo explica el mesmo, “a miña labor é coordinar as diferentes áreas de Extensión Universitaria que se ocupan da formación extra académica dos estudantes”. Precisamente pola dimensión tan ampla desta área e pola súa visibilidade para a comunidade universitaria, Corderí defínea como “unha porta de acceso á nosa institución dende a sociedade”. Pero é unha porta de dobre vertente, xa que “dende ela, a sociedade accede á Universidade ao tempo que a comunidade universitaria tamén se abre á sociedade”. Unha vez traspasada esta porta, o servizo de Extensión Universitaria “engloba todos os temas de formación que non sexan de ámbito estritamente académica. Cultívase mente, corpo e espírito”.
06/02/2008