O reitor da Universidade de Vigo , Salustiano Mato, confirmou ao xerente da Fundación Provigo, José Armesto, a participación de persoal investigador da institución na elaboración de novo Plan Estratéxico de Vigo. Nunha reunión mantida no despacho do reitor, Mato, trasladou ao xerente da Fundación Provigo, a total disposición da institución académica a tomar parte de xeito “altruista” no proceso de redacción do documento estratéxico que establecerá os obxectivos a longo prazo da cidade de Vigo e da súa área de influencia. Para levar a cabo este traballo, a Universidade de Vigo determinará, en función das necesidades que a Fundación lle traslade, os investigadores e investigadoras máis acaídos para esta función.
23/06/2010