A conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, tivo ocasión de coñecer no campus de Vigo, o lugar escollido para a ubicación de 50 vivendas para estudantes, que pemitirían aumentar en 100 o número de residentes, dado que os pisos de 40 metros cadrados, serían ocupados, cada un deles, por dous estudantes.
No encontro, previo a visita, mantido pola conselleira co reitor, Alberto Gago, tamén se abordou a posibilidade de desenvolver dotacións de traballo e información para estudantes no Casco Vello, así como futuras actuacións residenciais en Pontevedra, unha vez se resolvan os atrancos urbanísticos actualmente existentes. Durante a súa visita ao campus vigués, a conselleira de Vivenda estivo acompañada polo tenente de alcalde do Concello de Vigo, Santiago Dominguez Olveira.
10/12/2007