É unha disciplina cada vez máis forte, que gaña pulo nas facultades e nas altas instancias políticas grazas á Unión Europea, sobre todo para unha interpretación simultánea. Sen embargo, a tradución no ámbito literario convértese en toda unha loita por un recoñecemento que non é tan doado de acadar. “Os tradutores probablemente non estean ben valorados, aínda que con matices. Os que se dedican a aspectos máis prácticos, os que exercen dentro da Unión Europea ou dentro dalgunha institución, son moi apreciados. En literatura isto é máis complicado”, recoñece Astradur Eysteinsson, decano da Facultade de Humanidades de Islandia.
18/05/2011