Despois do éxito de asistentes na pasada edición, o curso de Loxística do Transporte Marítimo repite este ano ampliando contidos en número de horas. Organizado polos profesores Francisco José Torres e Raquel Díaz, a finalidade do curso é ofrecer un visión ampla, práctica, especializada e actualizada dos principais aspectos relacionados coa loxística e o transporte por mar. Segundo Francisco José Torres, “trátase dun sector complexo e concreto, sobre o que os estudantes e licenciados non teñen moitos coñecementos”. Por ese motivo, o curso está dirixido principalmente a alumnos dos últimos cursos e licenciados e, por outra banda, a profesionais do sector que desexen completar ou reciclar a súa formación.
18/01/2008