O Teatro Vidal Bolaño, ateigado de público, foi o escenario do estreo en Vigo de Brokers, a última montaxe da compañía madrileña Yllana, unha das máis premiadas do panorama nacional. A obra retrata, coa habitual linguaxe dos cómicos do grupo, o salvaxe e irreverente mundo das altas finanzas, onde a carreira polo triunfo descobre o seus medos máis ocultos, provocando situacións ridículas que fan tremer aos alicerces da sociedade de consumo. Catro tiburóns dos negocios que perseguen o éxito nun mundo consumista, fanáticos da moda, das últimas tecnoloxías, da comida sana e do culto ao corpo centran o argumento de Brokers.
03/12/2008