O achegamento das novas xeracións á cultura tradicional, evitando así romper a cadea de transmisión dos saberes que a compoñen, é o obxectivo do II Certame de Recolla da Tradición Oral convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!.
Coa colaboración da Consellería de Cultura e Deporte, a Delegaçao Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Direcçao Regional de Educaçao do Norte, o certame promovido po Ponte...nas ondas!, pretende que o alumnado de infantil, primaria, secundaria, centros formativos e Universidade, dos centros educativos de Galicia e do Norte de Portugal, se acheguen a aquelas manifestacións culturais inmateriais que están no seu entorno máis inmediato
15/01/2008