Co panel Joyce, the language of music and translation comezaron este venres na Fundación Caixa Galicia os XIX Encontros da Asociación Española James Joyce que reunirán ata o sábado a destacados expertos na obra do escritor irlandés. Para dar conta da complexidade e variedade de ángulos e perspectivas que o estudo de Joyce permite, nos encontros abórdanse temas tan diversos como Joyce e a música, Joyce e o cine, a tradución, as vangardas, a relación con outros autores irlandeses e incluso Joyce e a identidade de xénero, proba inequívoca de que non hai unha única liña de achegamento ao autor do Ulises sobre o que se darán a coñecer os últimos traballos críticos, achegas teóricas, traducións e estudos comparados.
11/04/2008