Achegar tanto ao alumnado universitario como ao público xeral un conxunto de nocións respecto das principais institucións do sistema político español e as súas dinámicas de funcionamento. Ese é o propósito central do novo libro do profesor da Facultade de Dirección e Xestión Pública Álvaro Xosé López Mira.
Identificar zonas clave na prevención e diminución dos efectos destes grandes lumes nas zonas fronteirizas entre España e Portugal é o principal obxectivo do proxecto Firepoctep +, que lidera a EE Forestal e no que participan 17 institucións e entidades dos dous países.
Este xoves, 18 de xaneiro, ás 20.00 h o grupo teatral do Programa Universitario de Maiores de Ourense, chamado Teatro Entrebambalinas, estreará no Teatro Principal da cidade a súa nova produción, a obra Que viva o duque!
O 42% das e dos profesionais da publicidade e o márketing de Galicia consideran que ferramentas de intelixencia artificial xerativa como ChatGPT van cambiar completamente a súa profesión. Este é un dos principais resultados dun estudo sobre a implantación deste tipo de tecnoloxías no sector realizado por investigadores da Facultade de Comunicación.
Un equipo do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo desenvolve na Facultade de Ciencias do campus de Ourense o proxecto estatal WasteToBioH2. O seu obxectivo é avanzar na produción de biohidróxeno.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu Informe de Conxuntura socioeconómica IV/2023.
No curso 2018-2019 botou a andar na Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro do campus de Ourense o seu club de lectura, chamado A Comarca en referencia ás novelas O hobbit e O señor dos aneis de J.R.R. Tolkien.
Un proxecto do grupo de investigación Sepcom analizou a actividade das plataformas de verificación de datos de dez países iberoamericanos, constatando que a política é o eixe fundamental en torno ao que xiran os seus contidos, aos que se sumou nos últimos anos a infodemia xerada pola covid-19.
Alumnado da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acaba de rematar a súa participación no proxecto europeo eTwinning Singing Maths.
Convocada pola Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense, este xoves celebrouse entre os edificios de Ferro e Politécnico unha concentración de “repulsa polos actos vandálicos exercidos contra a exposición de fotografía Resalire”.
A Rede Localis, xestionada polo grupo Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo, presentou este mércores en Santiago de Compostela o seu quinto informe, titulado Retos e desafíos dos municipios de menor poboación.
Un estudo realizado por Alberto Vaquero e Jaime Cabeza, ambos da Universidade de Vigo, apunta que “España é un dos países de Europa que menos políticas e recursos destina ao coidado da poboación máis nova e ao seu modelo de protección familiar”.
No marco do doutoramento en Creatividade e Innovación Social e Sostible, a investigadora Evelyn Beltrán traballa na que será a primeira tese en cotutela que se leva a cabo no campus.
E ti, que científicas coñeces? Con este título preséntase unha nova publicación electrónica xurdida no marco das actividades de eXXperimenta en Feminino, colectivo que traballa no campus de Ourense na visibilización das mulleres nas disciplinas científicas e tecnolóxicas.