Unha peza educativa sobre a sida e unha reflexión sobre o mundo en que vivimos, son as propostas que a MITEU e a programación cultural de primavera da Vicerreitoría do campus ofrecen para esta tarde e mañá, respectivamente. Na súa terceira cita en Pontevedra (Teatro Principal, 20.30 horas) a Mostra Internacional de Teatro Universitario recibe ao seu convidado internacional, o grupo de Teatro do Oprimido da Universidade Lusófona de Guinea Bissau. Dicidju de Padida (Desexo de nai) é unha boa mostra do labor do teatro como elemento educativo e ferramenta social neste país. Pola súa banda, o dúo Los Torreznos, dará boa mostra do seu facer, lúcido e corrosivo, este xoves, ás 20.00 horas na Casa das Campás.
06/05/2009