Loitar día a día pola súa autonomía é a principal motivación que mobiliza, tanto os enfermos de Párkinson como os seus familiares, a buscar tratamentos complementarios aos fármacos, que lles permitan mellorar na súa calidade de vida. Baixo esta premisa inauguráronse as VII Xornadas sobre o Párkinson, promovidas pola Asociación de Párkinson Galicia-Bueu e nas que por primeira vez a Universidade de Vigo colabora. Abórdase a enfermidade desde outras disciplinas "máis aló da neuroloxía", como son a logopedia, a fisioterapia ou a práctica física, achegando tratamentos que provocan avances na fala, na voz, na postura e no equilibrio.
15/04/2011