Catedrático, director de departamento, decano da Facultade de Belas Artes e, dende hai algo máis dun ano, vicerreitor do campus de Pontevedra. Cunha traxectoria fulgurante ás súas costas, Jesús Hernández defínese como un “animal universitario”. Para el, a universidade é a mellor plataforma para o desenvolvemento do coñecemento libre.
O campus do que é máximo responsable caracterízase, segundo Hernández, pola gran potencialidade das súas titulacións e pola estreita relación entre sociedade e cultura. “Aquí hai unha maior capacidade de sinerxias e de facilidades para establecer parámetros de ti a ti coa cidadanía”, apunta nesta entrevista no Duvi.
03/12/2007