DUVI

Diario da Universidade de Vigo

miteu

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Cultura
  • Teatro
  • Cultura
DUVI 25/04/2024

Había moita expectativa por velas e velos e non defraudaron. O Teatro Roberto Vidal Bolaño quedou escaso este mércores para acoller ao numeroso público que se achegou ao campus para ver a actuación da Aula de Teatro do Campus de Vigo na XXVI edición da Miteu. Representaron a obra Soño dunha noite de verán baixo a dirección de Casilda Alfaro e Sonia Rúa e coa participación dun elenco composto por máis dunha ducia de actores e actrices que levaban meses preparándose para esta actuación.

A Miteu fai agora un pequeno parón e retornará o vindeiro mes de maio con dúas actuacións, os mércores 8 e 15. Os primeiros en intervir foron Trifásico Teatro, da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, ESAD Galicia, que, nesta ocasión, representarán a obra Hámster, baixo a dirección artística de Natalia Feijoo e interpretada por Alba Lago e Álvaro Lourido. O mércores 15 pecharase esta XXVI edición da mostra coa representación de Desequilibrios, interpretada polo grupo Maricastaña da Aula de Teatro Universitario de Ourense.