DUVI

Diario da Universidade de Vigo

É alumna do Mestrado en Xestión Empresarial del Deporte

Andrea Montes consegue a medalla prata no Campionato de España Universitario de Halterofilia

A competición celebrouse esta fin de semana en Murcia

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Premios
  • Deportes
DUVI Ourense 09/04/2024

A alumna da Universidade de Vigo Andrea Montes conseguiu esta fin de semana a medalla de prata no Campionato de España Universitario de Halterofilia, celebrado en Los Alcázares (Murcia), baixo a organización da Universidad de Murcia. Andrea Montes é alumna do Mestrado Universitario en Xestión Empresarial do Deporte que se imparte na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense. Competiu na categoría de 81 kg. Completou a expedición da Uvigo Aldara Pazos, estudante no Grao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés), da Facultade de Filoloxía e Tradución do campus de Vigo, que obtivo unha sexta praza na categoría de 64 kg. As dúas deportistas estiveron dirixidas polo técnico Miguel Gómez, do Club Halterofilia Ourense.

"Este Campionato de España Universitario de Halterofilia foi unha experiencia marabillosa para min, xa que supuxo volver a pisar unha tarima universitaria, algo que non ocorría desde que estudei o grao. Volver vivir a experiencia foi xenial, pero a maior ilusión é que puiden regresar dela cunha medalla de prata, que foi loitada e, por tanto, moi valiosa", comenta Andrea Montes. Dando ás grazas á Universidade de Vigo por brindarlle esta experiencia, a galardoada quere “animar a toda a comunidade a practicar deporte porque é unha experiencia marabillosa, e particularmente animo a practicar halterofilia, xa que é máis alcanzable do que se pensa”.