Xusto un mes despois de que a cidade de Vigo prendese o alumeado de Nadal, o 19 de decembro a Universidade de Vigo dará a benvida oficial ás festas co seu tradicional concerto, que nesta ocasión estará protagonizado pola Orquestra Clásica de Vigo. Con esta actuación o Concerto de Nadal regresa á cidade de Vigo tras tres anos sen acollelo, despois de celebrarse en 2019 en Pontevedra, en 2020 en formato virtual e en 2021 en Ourense.
01/12/2022