Os videoxogos tamén teñen cabida dentro da Universidade de Vigo, e así o está a demostrar Thunders, o equipo co que compite a institución académica viguesa na Liga Universitaria de eSports de España, bautizada nesta edición como Amazon University Esports debido á entrada de Amazon, o xigante do comercio electrónico, como principal patrocinador. A competición arrancou hai apenas dous meses e medio e as cousas non lle están a ir mal ao equipo vigués que conseguiu chegar á final nas competicións de tres videoxogos diferentes: Clash Royale, Brawl Stars e Hearthstone.
23/01/2020