O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo, celebrou este xoves e venres na Toxa a súa reunión anual. A cita, que reuniu a máis de 60 especialistas de diferentes eidos para abordar asuntos de actualidade, como as consecuencias do Brexit ou as tarifas viarias, contou na súa segunda sesión coa presentación do grupo de traballo Galicia 2040, entre outras cuestións.
10/05/2019