Coa esperanza de que outro mundo é posible, un mundo en igualdade e sen violencias machistas, a Universidade de Vigo únese un ano máis á conmemoración do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. E faino cun programa de actividades nos tres campus que permitirán reflexionar, debater e reivindicar baixo o lema Tecendo mundos feministas: desfacer a violencia e reparar a esperanza.
17/11/2023