Cumprida unha certa idade, e dados os estereotipos negativos asociados a ela, a ou o traballador “maduro”, explica a xurista Ana María Martín, “enfróntase á modulación ou degradación de certas condicións laborais” que incluso poden conducir á perda do emprego. Xa no paro, engade, “a idade eríxese no obstáculo, en non poucas ocasións insalvable, para a súa reinserción". Tendo en conta esta situación, na súa tese de doutoramento, esta investigadora analizou a idade como un factor de vulnerabilidade nas relacións laborais.
26/01/2023