Tras ter que suspender a edición de primavera, o programa de actividades no medio acuático, Augaventura, regresará en outono con sete modalidades deportivas. A programación concentrarase no mes de outubro respectando todas as medidas hixiénicas e sanitarias e comprende rafting, unha ruta á illa de San Simón combinando kaiak, andaina e snorkel, clases de surf, windsurf, mergullo, flyboard e wakeboard.
30/09/2020