Tres estudantes de 2º de Bacharelato LOGSE serán elixidos, este venres, nas probas da fase local da olimpíada de Física que se celebrarán nas facultades de Ciencias do Mar de Vigo e Ciencias de Ourense, para participar na fase nacional que terá lugar en Oviedo o vindeiro mes de abril.
Os cinco primeiros clasificados na XIX Olimpíada Nacional integrarán a delegación que participará na 39ª Olimpíada Internacional de Física que se celebrará en Hanoi, Vietnam, en xullo, mentres que os alumnos clasificados na fase nacional entre os 6º e 9º posto integrarán a delegación española que participará na XIII Olimpíada Iberoamericana que terá lugar en setembro en México.
11/02/2008