Baixo o título Implantación de vehículos eléctricos no Concello de Vigo, o estudante da ETS de Enxeñeiros de Minas, Alberto González, presentou este xoves na ETSE de Minas o seu Proxecto Fin de Carreira, dirixido polo profesor da Universidade, Jorge Marcos Acevedo. O traballo de González, que recibiu unha matrícula de honra, céntrase no desenvolvemento dunha ferramenta referente na análise da viabilidade do vehículo eléctrico, co fin de respaldar a súa implantación na flota do parque móbil do Concello. O estudante de Enxeñaría de Minas realizou unha análise completa dos aspectos que afectan á decisión de adquisición dos vehículos eléctricos, centrada nun estudo económico e de impacto medioambiental comparado entre ambos modelos.
17/06/2010