Premios, certames, bolsas ou residencias artísticas constitúen unha interesante oportunidade para que os novos e novas creadores poidan avanzar na súa traxectoria profesional. Afondar nos elementos que é preciso ter en conta á hora de concorrer a este tipo de convocatorias é o obxectivo central do obradoiro Proxectos artísticos: elaboración, deseño e proceso, que nestas semanas se desenvolve na Facultade de Belas Artes.
15/03/2022