Co obxectivo de dar cabida a unha programación cultural alternativa que atraia a xente nova, a Casa das Campás inaugurará este xoves, 3 de abril, o ciclo Interzonas, unha selección do mellor das artes escénicas do país que a Vicerreitoría do campus presenta para esta primavera. Caracterizada polo risco, a hibridación e a procura de novos espectadores, esta iniciativa pretende formar un lugar de encontro de creadores procedentes de Galicia e outros territorios. Oito proxectos distribuídos en cinco sesións que incluirán teatro, música, danza, performance, marionetas e cabaré, serán os protagonistas de estas xornadas os días 3, 4, 10, 17, 24 e 30 do mes de abril.
31/03/2008