A crise prexudica ao peto, pero agudiza o enxeño. Baixo esta premisa sae á luz a quinta edición do anuario de Creatividade Galega, un volume promovido por Chechu Pérez e Alberto Dafonte, profesores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, e que recolle os mellores anuncios de sinatura galega do 2010. O catálogo, que foi presentado este xoves en Santiago de Compostela, inclúe unha escolma de cen traballos que foron escollidos entre case 2000 propostas enviadas. “Este ano foi no que máis axencias, estudos de deseño e empresas de comunicación participaron, pero tamén é a vez na que menos obras conforman Creatividade Galega”, explicaron os editores. Unha selección máis rigorosa para dar un salto cualitativo e ofrecer unha publicación "máis selectiva e coidadosa”.
30/09/2011