“O gran reto da educación no século XXI radica en formar a un profesorado que sexa quen de responder ás necesidades de calquera alumno, independentemente da orixe social, da cultura, da etnia, da relixión, da capacidade, do xénero...”. Baixo esta premisa, Ciencias da Educación e do Deporte acolle a derradeira xuntanza da European Agency for Development in Special Needs Education, unha asociación recoñecida pola comunidade europea, para elaborar un informe sobre o perfil do profesorado inclusivo. Neste foro de debate participa a Red CIES, coordinada pola catedrática Ángeles Parrilla, que achega a súa investigación coas escolas de A Estrada.
10/05/2011