Ao longo do curso 2013/2014, o consumo de auga e enerxía do Pavillón Universitario supuxo unha emisión á atmosfera de 12,24 toneladas de CO2. Unha emisión que agora se ve compensada coa plantación no campus de 33 ameneiros, castiñeiros, carballos e pradairos, que ao longo da súa vida farán posible a absorción desas 12,24 toneladas de dióxido de carbono. Foron ademais os propios usuarios das instalacións os que fixeron posible esta compensación ambiental, que se integra dentro da iniciativa Pavillón verde: Deporte sostible no campus de Pontevedra, unha das primeiras accións desenvolvidas no marco do proxecto Green Campus.
04/04/2014