O emprego de textos histórico-científicos no ensino facilita a comprensión por parte do alumnado, ao tempo que a resolución de problemas relativos a situacións da vida real, do pasado, neste caso, pode resultar de utilidade para contribuír á adquisición de habilidades transferibles a diversos ámbitos do coñecemento. Partindo da experiencia de utilización deste tipo de documentos nas aulas de Ensino Secundario Obrigatorio e Bacharelato, así como na universidade, os profesores María Mercedes Álvarez Lires e Uxío Pérez Rodríguez, impartirán o curso de formación do persoal docente Utilización de textos históricos-científicos na aula, organizado pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa.
23/03/2009