Despois de gañar o sábado na casa a Zarautz KE
O equipo de rugby sitúase cuarto do seu grupo na división de honra B estatal
O encontro rematou cun marcador de 44-24
O Campus Universitario Ourense Rugby Club sumou o sábado unha vitoria na terceira xornada da liga 2020/2021 da división de honra B do rugby estatal. Os ourensáns gañaron na casa ao Zarautz KE por un marcador final de 44-24. Con este resultado sitúanse no cuarto posto do seu grupo, con dúas vitorias e unha derrota no que vai de tempada. Sobre o desenvolvemento do encontro, desde o equipo destacan como “só pasaron sete minutos para que Campus ensaiara da man de Joe (5-0) e fose transformado por Jeff (7-0)”, arrancando así un partido cuxo marcador lideraron en todo momento a pesar dos esforzos do Zarautz por remontar. Desde o Campus Universitario Ourense Rugby Club subliñan como foi “unha vitoria importante contra un sempre perigoso Zarautz”, salientando ademais como, aproveitando o bo tempo que houbo na cidade de Ourense o sábado pola tarde, “bastantes afeccionados achegáronse As Lagoas para animar a un Campus que viña de perder pola mínima en terras arabesas”.