Acadaron dúas vitorias e un empate nos encontros disputados o sábado
Os bos resultados acompañaron aos equipos de xadrez do campus
O Universitario de Ourense A gañou contra Villa de Bouzas
Os diferentes equipos do campus de Ourense que esta tempada participan na Liga Galega de Xadrez disputaron este sábado unha nova xornada de competición. En primeira división, o Universitario de Ourense A desprazouse a Vigo para xogar contra Villa de Bouzas. Os ourensáns gañaron o encontro cun marcador final de 1,5-2,5 ,con vitorias de Brais Gerpe e Marcos Reza, táboas de José Jaime González-Viso e derrota de Miguel Reza. En segunda división, o Universitario de Ourense B xogou no Liceo de Ourense contra Liceo B Grupo A Postal, acadando un resultado final de 2-2, con vitorias de Manuel Álvarez e Adrián González e derrotas de José Antonio Álvarez e David Feijóo. Por último, o Universitario de Ourense C desprazouse a Salceda de Caselas para xogar contra Xadrez Altamira, gañando o encontro por 0-4, con vitorias de Lino Hermida, Rodrigo Arias, Gabriel Alcalde e Julio César Pérez.