Un grrupo de alumnos diante do edificio de xerencia no Campus de Vigo

Vigo, o Campus Vigo Tecnolóxico

O Campus Vigo Tecnolóxico representa o proxecto de especialización do campus vigués como referente no ámbito da tecnoloxía. Aquí atoparás titulacións especifícas como as de enxeñaría industrial, telecomunicacións ou biomédica e importantes centros de investigación como o MTI, o CINBIO, a CIM ou o CACTI.
 

 

Unhas mans sobre un circuíto. Prácticas de estudos

Estudar en Vigo

O campus de Vigo dispón dun amplo, diverso e especializado abano formativo en modalidade presencial, semipresencial e virtual. No campus atoparás máis de 90 títulos de graos, dobres graos, mestrados e doutoramentos.

Ver titulacións

Investigar en Vigo

 

Unha investigadora nun laboratorio

O campus de Vigo ofrece un amplo abanico de posibilidades para desenvolver a investigación e a innovación grazas a unha importante masa crítica en I+D+i que traballa tanto nos ámbitos dos campus de especialización existentes (mar, biomedicina e tecnoloxía) como en outras áreas de gran relevancia como as ciencias sociais ou as humanidades. Este ecosistema do coñecemento complétase coa existencia de centros de apoio á I+D ou o parque tecnolóxico, tamén situado no campus.

Investiga canda nós

Unhas paxariñas de papel fan un móbil de cores

Cultura en Vigo

A nosa ampla programación cultural estrutúrase en cuadrimestres e completa unha formación integral para o estudantado. Toda a comunidade universitaria e da contorna pode desfrutar de actuacións teatrais, concertos, espectáculos de rúa, cine, exposicións ou diversas actividades de creación artística.

Ver oferta cultural

Deporte en Vigo

Encamiñándonos cara o benestar, o deporte constitúe unha fonte de diversión e gozo do tempo de lecer. No campus atoparás instalacións adecuadas para a túa actividade física preferida e numerosas posibilidades de competicións e encontros. Súmate ao movemento.

Be Muver

Varias persoas nun río enriba de taboas