Nos encontros disputados esta fin de semana no Edificio de Ferro
Os equipos de xadrez do campus suman tres novas vitorias
Gañaron a Liceo Casino Tui- Xadrez Tui, Círculo Chantadino Xadrez C e Club Xadrez Mos E
Os diferentes equipos do campus de Ourense que esta tempada participan na Liga Galega de Xadrez disputaron este sábado no Edificio de Ferro unha nova xornada de competición na que sumaron cadansúa vitoria na casa. En primeira división, o Universitario de Ourense A gañou a Liceo Casino Tui- Xadrez Tui cun resultado final de 3,5-0,5, con vitorias de Antonio Villar, Marcos Reza e Gabriel Alcalde e táboas de Miguel Reza. En segunda división, o Universitario de Ourense B xogou contra Círculo Chantadino Xadrez C, ao que gañou por 3,5-0,5, con vitorias de Manuel Álvarez, Adrián González e José Jaime González-Viso e táboas de José Luis Fernández. Por último, o Universitario de Ourense C xogou contra Club Xadrez Mos E, gañando 3-1, con vitorias de Lino Hermida e Rodrigo Arias e táboas de Nuel Vázquez e Sergio de Soto.