Alumnado da Facultade de Historia do campus de Ourense vén de lanzar unha nova revista. Trátase de Ágora, Revista Universitaria de Cultura. “Baixo o nome de Ágora agrúpanse un conxunto de estudantes que, ben con creacións propias ou ben con textos de dominio público, falan de temáticas tan variadas como literatura, poesía, teatro, cine ou historia, que se completan con seccións de opinión e de novidades culturais en Ourense”, explican desde a súa organización.
15/06/2023