A contaminación difusa é a que se produce en múltiples lugares á vez, non por unha fonte puntual. En Galicia, e dun xeito máis xenérico en todo o noroeste da Península Ibérica, existen fenómenos de contaminación difusa por metais pesados, entre eles o cobre e o mercurio, asociados respectivamente á actividade de viñedos e centrais térmicas e de celulosa. Un grupo de investigadores e investigadoras da Área de Edafoloxía e Química Agrícola vén de iniciar un proxecto de investigación no que ata 2022 realizarán unha avaliación da contaminación difusa por estes dous metais pesados en solos de Galicia.
09/01/2019